Archive for administrador

Dous palestinos mortos a tiros durante unha manifestación o día da Al-Nakba

Fonte: Maan’s News

Manifestantes axudan a Nadim Nuwarah (Foto Maan’s News)

RAMALLAH ( Maan ) - As forzas israelís mataron a tiros a dous xóvenes palestinianos este xoves ao oeste de Ramallah no centro de Cisxordania, durante unha manifestación de protesta que marca o 66 º aniversario da Nakba.

Varias testemuñas e fontes médicas identificaron ás vítimas como Muhammad Audah Abu al- Thahir, de 22 anos e veciño da aldea de Abu Shukheidim e Nadim Siyam Nuwarah da aldea da Al- Mazraa Al-Qibliyya no distrito de Ramallah, de 17 anos.

As vítimas , segundo fontes médicas , recibiron disparos no peito con munición real. Os seus corpos foron evacuados ao Complexo Médico de Ramallah .

Fontes médicas indicaron que ademais tres adolescentes resultaron feridos por balas reais . Un foi alcanzado no peito , outro no pé, e o terceiro na perna. Todos eles atópanse estables.

Ningún portavoz do Exército israelí respondeu de inmediato ás solicitudes de infomación.

Os participantes na manifestación, preto do centro de detención de Ofer, dixeron que querían mostrar a súa solidariedade cos presos palestinos detidos sen xuízo e que están en folga de fame desde hai 22 días.

Os palestinos, a través dos territorios ocupados e noutros lugares, conmemoraban a Nakba (catástrofe) da fundación do Estado de Israel, este xoves .

Durante a Nakba , máis de 760.000 palestinos - hoxe en día estímase que son máis de 5 millóns cos seus descendentes -, fuxiron ou foron expulsados dos seus fogares en 1948.

A declaración do Parlamento de Galiza irrita ao señor embaixador de Israel

Alon Bar, embaixador de Israel no Reino de España (Foto ABC)

Trala declaración institucional do Parlamento de Galiza, na que se solicitaba á comunidade internacional que esixise a Israel o cumprimento das resolucións das Nacións Unidas, o respecto absoluto dos dereitos humanos de palestinas e palestinos e o recoñecemento do dereito ao retorno das persoas e comunidades ás terras e casas de que foron expulsadas, (pódese ver aquí a declaración íntegra) , o embaixador de Israel, Alon Bar, ven de enviarlle unha carta á presidencia do Parlamento amosando a sua sorpresa por tal osadía.

Na carta, que podedes ver aquí, o señor embaixador coloca ao Parlamento de Galiza entre os peores e máis extremistas inimigos de Israel. Según se recolle na carta, Bar enviou copia, entre outras persoas, a María Dolores de Cospedal. Cousas veredes…

Comunicado solicitando colaboración coa Arca de Gaza

12 de maio.- Este fin de semana, representantes do comité de dirección da Arca Gaza reuníronse cos nosos socios da Coalición Flotilla en Londres , Inglaterra, e esta mañá estamos en pé e xuntos para dicirlle ao mundo que a nosa campaña para desafiar o bloqueo non se verá afectada por ameazas ou violencia.

O Comunicado de prensa da conferencia de prensa en Londres pódese ler aquí.  Read more

Nakba, acto en Compostela

O 14 de Maio, ás 19h30, no Grandola Compostela, Mar de Lumes organiza un acto público de conmemoración do 66ª Día da Nakba Palestina, cando o pobo palestino tivo que abandonar os seus fogares por causa da ocupación de Israel.

Haberá proxección de documentais, música e petiscos palestiniano, e duás palestras a cargo dos compañeiros de BDS-Galiza Mohamed Safa e Elvira Souto.

Nakba. Acto en Ponteareas

O vindeiro 15 de maio, organizado polo Festival das Brétemas de Ponteareas, terá lugar un acto conmemorativo da Nakba, no que se proxectarán os fimes Columpio e Salma Cuenta. Posteriormente compañeiras de BDS-Galiza participarán nunha charla coloquio sobre Israel, a lei Wert e o ensino galego, no que se tocará o tema do intrusismo sionista na educación.

Al-Nakba, acto en Ourense

O martes día 13, dende as 21.00 horas, terá lugar no Auriense (Pz. do Correxidor-Ourense) un acto multiartístico en lembranza da Nakba palestina.

Intervirán a poeta Rochi Nóvoa, o actor Diego Freire e o músico Ico.

Organizan AC Auriense, Anacos de Cidade e BDS-Galiza.

Comité da Palestina pede a cantora Mariza que cancele concerto em Israel

Fonte: www.esquerda.net

Pedido é acompanhado de uma petição online dirigida à fadista Mariza a pedir o cancelamento do concerto previsto para Israel a 27 de maio, “como medida de protesto pelas políticas de apartheid do Estado de Israel, numa altura em que o movimento internacional de boicote está a ganhar terreno, face às flagrantes violações dos direitos humanos dos palestinianos”. Read more