Archive for administrador

Rap Israel-Palestina

Unión Fenosa exportará e licuará gas israelí a través de Exipto

Plataforma de gas de Tamar. Foto Reuters

Xerusalén, 7 maio (EFE).- Unión Fenosa Gas (UFG) alcanzou un acordo coa compañía de gas natural de Israel Tamar para exportar gas natural deste último país a Europa a través da planta de licuefacción que a compañía española ten no porto de Damieta, en Exipto.

Segundo a compañía enerxética con sede no estado de Texas “Nobre Energy”, que conta cunha participación do 36 por cento de “Tamar”, as partes esperan pechar o acordo final no prazo de seis meses, período no que se espera conclúa o procedemento de aprobación en Israel e Exipto. Read more

O Parlamento galego pide a Israel o “respecto absoluto dos dereitos humanos dos palestinos”

Fonte: europapress

O Parlamento de Galicia, tras unha solicitude de BDS-Galiza e Galiza por Palestina aos grupos parlamentarios,  reclama a comunidade internacional que “esixa” a Israel o “cumprimento das resolucións das Nacións Unidas” e o “respecto absoluto dos dereitos humanos de palestinos” e o “respecto absoluto dos dereitos colectivos” deste pobo.

Nunha declaración institucional con motivo, o próximo 15 de maio, do aniversario no comezou o éxodo do pobo palestino, insta a que Israel “recoñeza o dereito ao retorno das persoas e comunidades” ás terras e casas das que foron expulsadas”.

“Manifestamos o noso máis firme compromiso cos dereitos inalienables da persoa coa liberdade e co máis pleno respecto á dignidade humana”, sinala.

Finalmente, apunta que “o Parlamento galego non escatimará esforzos en contribuír dende Galicia a construír unha orde internacional xusta baixo o respaldo da legalidade internacional, un mundo no que a forza quede sempre sometida ao dereito”.

Sabotaxe contra Arca de Gaza. Difusión!.

Fonte: Gazaark.org

Esta madrugada, o vixiante do barco Arca de Gaza, recibeu un aviso para abandonar a zona, pois o barco ía ser atacado.

Tras sair do lugar, e vendo que nada pasaba, volveu aos poucos minutos. Non moito tempo despois houbo unha explosión no barco que causou cuantiosos danos e o afundimento da popa. O vixiante non sufriu feridas pero foi trasladado a un hospital para realizarlle probas.

Mahfouz Kabariti, activista do proxecto Arca de Gaza, indicou que se está investigando a procedencia da explosión, e que se informará cando haxa datos fiables. Engadiu que ningún acto terorista vai frear os esforzos por romper o bloqueo de Gaza.

A Flotilla da Liberdade xa foi saboteada no seu momento. Poden afundir barcos pero non poderán afundir o movemento pola liberdade de Gaza.

 

Israel exporta vergoña aos EUA

Fonte: Aaron Cantú (Alternet) e palestinalibre.org

Foto: Notimex. Vista do muro entre Arizona e México en Nogales.

A compañía israelí Elbyt Systems Ltd. foi a elxida para militarizar a fronteira entre EUA e México, no estado de Arizona. Un novo muro da vergoña (Proxecto Integrated Fixed Tower) polo que Elbyt Systems embolsarase 145 millónes de dólares, pola construción das torres e “mantemento” durante oito anos.
A compañía, é a maior provedora do exército sionista en drones e material de “vixilancia”, e a súa efectividdad xa foi “probada” pola poboación civil de Gaza.

Manifesto de Arca de Gaza para as Nacións Unidas. Asinade!.

Fonte: Iniciativa Arca de Gaza

Pola finalización do bloqueo de Gaza e pola liberdade de movemento da poboación palestina.

Para poder construír un futuro en paz, a poboación palestina debe dispor de total liberdade de movemento, debe poder viaxar e comerciar libremente desde e cara ao porto de Gaza e por toda Palestina. Só poderá conseguirse unha paz duradeira mediante un levantamento completo, permanente e incondicional do bloqueo imposto sobre Gaza e mediante a restauración dos dereitos da poboación palestina de acordo coa lexislación internacional.

Facemos un chamamento ao Secretario Xeral das Nacións Unidas e aos nosos propios gobernos para:

  •  Facer todo o que estea no seu poder ao obxecto de conseguir que Israel levante todas as restricións sobre a liberdade de movemento e de comercio impostas sobre a poboación palestina, incluíndo a autorización para que a Arca de Gaza, de propiedade internacional, poida facerse á mar libremente desde Gaza sen ningún tipo de obstáculos; Read more

Folga de fame masiva iniciada polos “detidos administrativos” palestinos

Fonte: www.addamer.org

Ramallah ocupada, 24 de Abril, 2014 -Addameer, Asociación de Dereitos Humanos e Defensa dos Presos, confirma o comezo dunha folga de fame masiva indefinida na que participan máis de 100 presos políticos palestinos. Todos os involucrados atópanse encarcerados en detención administrativa, procedemento polo que os detidos permanecen detidos sen cargos nin xuízo. Read more