Asina a petición á USC

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é cómplice da ocupación e o apartheid aos que Israel somete ao pobo palestino. Si, liches ben.

QUERES SABER POR QUÉ?

A USC ten asinado un acordo de cooperación académica coa Ben Gurion University of the Neguev, unha universidade sionista, e colabora en distintos proxectos con outras universidades israelís que participan na violación de dereitos humanos en Palestina.

Atoparás toda a información que o demostra no ANEXO 1.

QUÉ PODES FACER PARA ACABAR CON ESA COMPLICIDADE?

A acción non violenta máis efectiva que a cidadanía pode levar a cabo é o Boicote Académico a Israel. O boicote vai dirixido soamente contra institucións académicas cómplices, NUNCA contra persoas individuais, polo que non viola a liberdade académica.

Atoparás toda a información sobre o boicote proposto no ANEXO 2.

Se formas parte da USC (estudante, PAS, ou persoal investigador e docente) ASINA a petición que faremos chegar ao próximo Consello de Goberno. Podes consultar aquí o  texto completo coas demandas realizadas dende BDS Galiza.

Se pertences ao mundo educativo-académico galego podes asinar o manifesto polo Boicote Educativo nesta web.

Non dubides en porte en contacto con nós se tes máis preguntas, e pertenzas ou non a algún destes grupos axúdanos a difundir a campaña entre os teus contactos, será de gran axuda!!!

¡¡¡ MOITAS GRAZAS !!!