Boicote Comercial

As campañas cidadás de boicote a produtos e servizos de empresas e estados que practican politicas racistas ou outras formas de violencia institucional alicerzan nunha tradición centenaria balizada por alguns fracasos e unha moi notábel serie de logros.

Entre as campañas que conseguiron os obxectivos marcados compre lembrar o boicote promovido por ligas de mulleres británicas a comezos do XIX contra os produtos facturados con mao de obra escrava, o que alentou poucos anos depois a National Negro Convention contra os países en que o tráfico de persoas continuaba a ser legal, o boicote do Movimento Nacional  Indio de Mohandas Ghandi contra os produtos téxteis británicos,  o do Movimento polos  Direitos Civis  e o dos xogadores da Liga de Futbol Americano contra a discriminación racial no transporte público, o boicote da comunidade xudaica dos EUA contra a empresa Ford polos libelos anti-xudios do seu propietario e, mais significativo ainda que neste caso sen éxito, o que decretaron comunidades xudaicas de todo o mundo contra os produtos do estado nazi.

Ora, foi sen dúbida a campaña mundial de boicote que tivo lugar nas décadas setenta e oitenta do pasado século contra o infame rexime de apartheid de África do Sul, e que en tan grande medida contribuiu a dar cabo do estado supremacista branco, o  principal referente dos colectivos da sociedade civil palestina que en 2005 chamaron a comunidade humana a emprender un Movemento Global de Boicote, Desinvestimento e Sancións a Israel.

Non comprar nin consumir produtos ou servizos de empresas israelitas e corporacións internacionais implicadas nas políticas de ocupación, apartheid e limpeza étnica de Israel é unha forma pacífica e colectiva de manifestar a oposición á impunidade con que Israel incumpre unha e outra vez o dereito internacional, despreza as resolucións do organismo mais representantivo da comunidade mundial (a Asemblea Xeral da ONU) e viola de maneira cruel e sistemática os dereitos do pobo palestino.

Boicotar  os produtos “made in Israel” é unha forma de a sociedade civil expresar a súa solidariedade coas vítimas das políticas ilegais e ilexítimas do estado sionista e de exercer presión moral sobre os gobernos conniventes con esas políticas.

BDS-Galiza activou recentemente no noso país a campaña contra a comercialización de produtos de empresas que lucran da expoliacion de recursos naturais do pobo palestino (cosméticos Yes to Carrots e xabróns de Enjabonarte elaborados con sales e lodos do Mar Morto). Igualmente iniciou as xestións para que a empresa de xoguetes Imaginarium, que contradicindo a sua declarada política corporativae ignorando os graves atentados que o exército de ocupación  perpetra contra as crianzas palestinas, comercializa xoguetes fabricados en Israel e estende neste estado a sua rede de franquicias, retire da venda estes produtos e peche as tendas abertas no estado sionista.

Se queres adherir a esta iniciativa civil e solidaria,

NON COMPRES, NON CONSUMAS

PRODUTOS E SERVIZOS MADE IN ISRAEL

 

 

 

 

 

LISTADO DE PRDUCTOS A BOICOTEAR

-FROITAS: Mangos e melóns CARMEL. Aguacate ecolóxico Ecofresh-Carmel.

-TECNOTRON: Fotomatóns e. outras instalación s recreativas da rua.

-NANAS: Limpeza de fogar.

-PATACAS: Variedade Mondial, LZR (En Mercadona) variedades Vivaldi e Desiree.

-VIÑO: Carmel Mizrachi Wines, viños de Israel.

-ESHET-EYLON: Clasificación automática de froitas.

-NETAFIM: Equipos de rego.

-MILONOT: Pensos para o gando, Planta téxtil algodoeira, Central de mecanización do algodón, Matadero de aves, Envasado de froitas, Procesado de froitas e hortalizas, Maduración e envasado de bananas, Centro de proceso de datos…

-DÁTILES CARMEL: Jordan Plains.

-AGUA MINERAL EDEN: Garrafas para surtidores públicos.

-MENNEN: Sistemas de monitorización de pacientes en cuidados intensivos.

-COSMÉTICOS REVLON: En casi todalas droguerías e perfumerías.

-AHAVA: Cremas, sales, locions.

-BAÑADORES GIDEON OBERSON e GOTTEX.

-ROPA INTERIOR VICTORIAS SECRET, WARNACO, THE GAP, NIKE.

-APARATOS DE AIRE ACONDICIONADO JOHNSON, WHITE WESTINGHOUSE, AIRWELL e ELECTRA.

-EPILADY: Máquinas de depilación e masaxe.

-VEET: Cera de depilación.

-INTEL: O maior fabricante de microprocesadores do mundo.Foi a primeira empresa estranxeira que abriú unha sucursal en Haifa no 1974.

-EMBLAZE: Esta compañía israelí por primeira vez estará na prestixiosa lista de compañías como Nokia e outras que desenrolan teléfonos móviles. Emblaze actuará conxuntamente coa israelí Partner Communications, que opera baixo o nombre de firma de Orange.

-XOGUETES: Rummikub, xogo de mesa distribuído no estado español por Hasbro.

-RAFAEL: Sistemas de seguridade para o fogar.

-EMPRESAS EsTRANXEIRAS QUE APOIAN A ISRAEL: McDonald’s, Timberland, Revlon, Garnier, Hugo Boss, Tommy Hilfiger, Calvin Klein, L’Oreal, Garnier…..

-JOHNSON & JOHNSON: No 50º Aniversario daIndependencia de Israel, a Johnson & Johnson concedeuselle o maior galardón, o Jubilee Award, en recoñecemento ao seu apoio á economía israelí.

-TELEFÓNICA: Adquire gran parte dos seus productos en Israel entre eles, os multiplicadores de liñass, compoñentes para redes e sistemas de facturación de chamadas.

-IMAGINARIUM: Franquicia de xoguetes que ven de abrir tendas en Israel e que vende algúns productos fabricados alí.

-YES TO CARROTS: próductos de cosmética do Mar Morto (territorio ocupado). Roubo de terreos, expoliación ecolóxica…

-ENJABONARTE: Franquicia que ten á venda productos do Mar Morto.