Boicote Cultural Académico e Deportivo

Lonxe de se distanciaren da política de exterminio do pobo palestino que
pratica o estado de Israel, as institucións culturais, académicas e deportivas
sionistas participan no planeamento, xustificación e perpetuación desas
políticas, desempeñando un papel fundamental na campaña “Marca
Israel” que promove o ministério dos Negocios Estranxeiros co obxectivo de
reforzar a imaxe do estado e lexitimar o colonialismo e os crimes de guerra.
Ao recusarense a dar cobertura a estas políticas, artistas, docentes,
estudantes, investigadora/es, persoal administrativo, deportistas e
institucións culturais e académicas e deportivas de todo o mundo expresan a sua
negativa  a ser cómplices da ocupación, o apartheid e a limpeza étnica.
Afirman a primacia do dereito á autodeterminación e mostran o seu apoio ás
reclamacións fundamentais do pobo palestino, centradas en tres princípios
mínimos:

a)      fin da ocupación;

b)      fin do sistema de discriminación racial
institucionalizada por Israel contra os seus cidadáns e cidadás palestinas;

c)      regreso aos seus lares da populación
palestina expulsada por Israel nas sucesivas operacións de limpeza étnica
e compensacións polas perdas sofridas.

 

Desde que en 2006 noventa e catro artistas apoiaran publicamente o boicote
cultural a Israel (non actuar, non viaxar, non facer exposicións, non
participar en festivais organizados por Israel,….) a nómina de cineastas,
artistas plásticos, escritoras e escritores, grupos de rock, actrices e
actores, atletas, etc. que se negaron a colaborar en actividades organizadas,
financiadas ou apoiadas por Israel creceu con inusitado brio: Ken Loach,
Desmond Tutu, John Berger, Elvis Costello, Pixies, Carlos Santana, Gorillaz o
Klaxons , Judith Butler, Naomi Klein, The Yes-Men, Sarah Schulman, Shabtai
Aharon, Udi Aloni, Adrienne Rich e John Williams, Ilan Pappé, Haim Bresheeth,
Uri Davis, Gilad Atzmon,  Henning Mankell, etc. manifestaron
explicitamente o seu apoio ao boicote ou (como no caso de Meg Ryan ou Dustin
Hoffman, por exemplo) cancelaron visitas previstas a Israel.

A decisión da Universidade de Johannesbourg de interromper  sine
die
as relacións académicas con a Universidade Ben Gurión, a recusa da
Dirección do Festival de Cinema Gay de Lisboa a aceptar o financiamento
oferecido polo estado sionistas ou a negativa das deportistas Sarar Besbes e
Hamed Sayyad Ghanbari a competiren coas suas parceiras israelitas no Campeonado Mundial de Catania, son alguns dos mais recentes éxitos desta campaña global.