Archive for BDS-Galiza

Concentración nacional pro-Palestina na Praza do Toural de Compostela, o día 24 ás 13 horas

Galiza por Palestina e BDS-Galiza fan un chamamento a cidadanía, movimentos sociais, sindicatos e partidos políticos, a sumarse á concentración nacional en apoio ao pobo palestiniano e contra a impunidade do estado de Israel, que se levará a cabo na compostelá Praza do Toural, o sábado 24 de novembro ás 13.00 horas.

GALIZA CON PALESTINA!.

Concentracións na Galiza en apoio ao pobo palestino

Estos días estanse convocando diversas concentracións en apoio ao pobo palestino e contra a impunidade dos asasinatos sionistas sobre a poboación civil de Gaza.

Xa se celebraron en Compostela e Ourense, cunha boa resposta da xente pese a celeridade nas convocatorias. As datas para as concentracións noutras vilas da Galiza son:

- A Corunha, lúns 19, 20:30h, o Obelisco
- Vigo, lúns 19, 20:30, Farolde Príncipe
- O Barco de Valdeorras, lúns 19, 20:30, frente ao Concello
- Ferrol, lúns 19, 20:30, fronte ao edificio administrativo da Xunta
- Cangas, lúns 19, 20:00, fronte ao Concello
- Cee, lúns 19, 20:30h, praza 8 de Marzo
- Pontevedra, mércores 21 na Praza da Peregrina
- Cangas, luns 18, 20:00 h. Diante do Concello.
- Marín, martes 19, 20:00 h. Na Alameda
- Ponteareas, martes 20, 20.30 fronte ao Concello
- Lugo, luns día 19, 20.00 na subdelegación do goberno
- Vilagarcía, luns 19, 20.30, Praza da Ravella, fronte ao Concello
- Compostela, luns 19, 20.30, Praza de Cevantes
- Foz, mércores 21, 20.30, fronte ao Concello

 

Estas concentracións únense a multitude de manifestacións que se están celebrando por todo o mundo. Está claro que os apoios da xente da rua non coincide coas actuacións dos gobernantes occidentais, que defenden o dereito do estado israelí a “defenderse”.

Convocatoria en Ourense realizada este sábado

BDS-Galiza solicita ao OUFF a retirada de concurso do filme israelí “Room 514″

BDS-Galiza solicitou ao Festival de Cine de Ourense (OUFF), a retirada do filme israelí “Room 514″, ao entender que claramente está seguindo as directrices da campaña “Brand Israel” de propaganda sionista.

Esta é o contido do mail remitido, que ate agora non tivo contestación: Ler máis

BDS-Galiza co festival Amal

O pasado domingo, cerca de vinte persoas convocadas por BDS-Galiza, aproveitaron a gala de inauguración do Festival Amal para informar á xente que acudía ao concerto de H-Kayne sobre a situación de impunidade coa que o estado de Israel está a masacrar á poboación Palestina. Esta información foi acollida con gran aceptación polo público asistente. (Ver aquí o flyer informativo).

Esta é a décima edición de este festival de cinema árabe, que se desenrolará ate o día 20 de outubro, “dándolle voz aos enmudecidos”.

SS: ignorantes ou cómplices?

Reproducimos o artigo sobre a visita de Serrat e Sabina á Galiza, que  compañeiro da BDS Bletxu, escribeu para o Praza. Vendo os comentarios dos cinco prosionistas galegos de sempre que se xuntaron para vociferar, parece que se atinou co artigo.

Entre os dias 16 e 18 de agosto, Serrat e Sabina estarán de xira por Galiza, financiados en grande parte con diñeiro público (en Vigo levarán mais da metade do total do orzamento das festas: 250.000 euros) e actuarán aureolados por ese halo de homes decentes e solidarios que os acompaña alá onde van. E no entanto, a xira vai ter lugar apenas unhas semanas despois da súa actuación en Israel, onde deron respaldo ás as atrocidades do réxime sionista a pesar de millares de persoas lles teren pedido publicamente que non lexitimasen coa súa presenza eses crimes. Ler máis

BDS-Galiza nas XOCIVIGA

Onte sábado 4 de agosto, dentro das Xornadas de Cine e Video da Galiza, que se desenrolan no Carballiño, proxectouse a curta “Carta urxente para Palestina”. A esta proxección foron invitados Elvira Souto, da BDS-Galiza, e Moncho Iglesias,profesor en Palestina.

Elvira Souto explicou a campaña Stop Israel Nuclear e falou sobre a BDS, resaltando a forza que está tomando o boicote cultural. Moncho presentou o libro de poemas de Mahmud Darvix “Carné de Identidade”, traducido ao galego por el mesmo e por Samar Sabat.

Despois prodúxose un animado debate co público sobre o sionismo e as suas curiosas relacións, Palestina e a historia da ocupación.

Podedes ver o calendario de proxeccións e actos das XOCIVIGA neste enlace.

A III Frota da liberdade partiu do norte de Europa cara a Palestina

Fonte: Sermos Galiza

A solidariedade é a tenrura entre os pobos. Escribiuno Pablo Neruda e estano a demostrar estes días @s impulsor@s e participantes na III Frota da liberdade, iniciativa impulsada por Rumbo a Gaza e que, co apoio de colectivos e persoas de diferentes países (entre eles, Galiza), procura a defensa dos dereitos do pobo palestino. Ler máis