Archive for Presos

Dous palestinos mortos a tiros durante unha manifestación o día da Al-Nakba

Fonte: Maan’s News

Manifestantes axudan a Nadim Nuwarah (Foto Maan’s News)

RAMALLAH ( Maan ) - As forzas israelís mataron a tiros a dous xóvenes palestinianos este xoves ao oeste de Ramallah no centro de Cisxordania, durante unha manifestación de protesta que marca o 66 º aniversario da Nakba.

Varias testemuñas e fontes médicas identificaron ás vítimas como Muhammad Audah Abu al- Thahir, de 22 anos e veciño da aldea de Abu Shukheidim e Nadim Siyam Nuwarah da aldea da Al- Mazraa Al-Qibliyya no distrito de Ramallah, de 17 anos.

As vítimas , segundo fontes médicas , recibiron disparos no peito con munición real. Os seus corpos foron evacuados ao Complexo Médico de Ramallah .

Fontes médicas indicaron que ademais tres adolescentes resultaron feridos por balas reais . Un foi alcanzado no peito , outro no pé, e o terceiro na perna. Todos eles atópanse estables.

Ningún portavoz do Exército israelí respondeu de inmediato ás solicitudes de infomación.

Os participantes na manifestación, preto do centro de detención de Ofer, dixeron que querían mostrar a súa solidariedade cos presos palestinos detidos sen xuízo e que están en folga de fame desde hai 22 días.

Os palestinos, a través dos territorios ocupados e noutros lugares, conmemoraban a Nakba (catástrofe) da fundación do Estado de Israel, este xoves .

Durante a Nakba , máis de 760.000 palestinos - hoxe en día estímase que son máis de 5 millóns cos seus descendentes -, fuxiron ou foron expulsados dos seus fogares en 1948.

Folga de fame masiva iniciada polos “detidos administrativos” palestinos

Fonte: www.addamer.org

Ramallah ocupada, 24 de Abril, 2014 -Addameer, Asociación de Dereitos Humanos e Defensa dos Presos, confirma o comezo dunha folga de fame masiva indefinida na que participan máis de 100 presos políticos palestinos. Todos os involucrados atópanse encarcerados en detención administrativa, procedemento polo que os detidos permanecen detidos sen cargos nin xuízo. Read more

A explotación económica de nenos en tribunais militares: observacións do tribunal militar de Ofer

Fontes: Rebelión-Addameer-Urkunet

Traducido do inglés pra Rebelión por Anxos Zagal.

Desde os inicios da segunda Intifada en setembro do 2.000 as forzas de ocupación israelí detiveron a máis de 9.000 nenos palestinos segundo as ordes militares que violan o dereito humanitario internacional e as normas internacionais de dereitos humanos.

Addameer (a asociación palestina de defensa dos dereitos dos presos palestinos e dereitos humanos) seguiu os casos dos nenos xulgados polos tribunais militares de Ofer e Salem, e observou a tendencia a unha política sistemática de detención arbitraria de menores que ten como resultado a liberación destes tras o pago de multas ou fianzas moi altas. Estas prácticas non só serven para controlar a vida dos palestinos, senón tamén para explotalos economicamente ao tomar os recursos desta sociedade e imporlles fortes cargas financeiras. Read more

Soldados de Israel prenderam uma criança palestina de cinco anos

Soldados de Israel prenderam durante duas horas uma criança palestina de cinco anos na cidade de Hebron, na Cisjordânia, após o menino ter supostamente lançado uma pedra contra um veículo israelense, denunciou nesta quinta-feira a ONG israelense B’Tselem.

O Exercito de Israel, no entanto, negou que a criança tenha sido detida. A ONG, defensora dos direitos humanos nos territórios palestinos, divulgou vários vídeos que mostram os soldados israelenses da Brigada Guivati detendo na terça-feira o menor junto a um posto de controle militar no coração de Hebron. Os vídeos foram divulgados no site da organização (http://www.btselem.org/) .


A ONG afirmou que o menino e seu pai foram interrogados brevemente em uma delegacia palestina e em seguida libertados. Read more

Solidariedade con Sireen

Fontes: Ma’an News , Addamer , Palsolidarity e Elena Libia

O pasado martes, as Forzas de Ocupación israelís (FOI) detiveron a Sireen, de 24 anos, actualmente na prisión israelí de Al Jalameh. Negáronlle acceso ao avogado e tampouco lle permiten contactar coa familia. Témese pola súa seguridade.

Ao redor das 3 da tarde do martes, retiveron o coche de Sireen nun control na estrada entre Nablus e Tubas na Cisxordania. Detivérona xunto coa persoa que ía con ela, logo dun breve interrogatorio polas FOI. Read more

“Cóntanos do cárcere, por se acaso”. Menores nos cárceres israelíes.

Zein Abu-Mariya, de 17 anos, cos seus pais tras nove meses de detención nun centro israelí.-Pierre Klochendler/IPS.

“Interrogáronme  tres polícias durante tres horas. Tíñanme alxemado. Espancáronme, esbofeteáronme, patearon, deron puñadas e acusáronme de guindar pedras”, relata Zein Abu-Mariya, de 17 anos, sentado co pai. “Pasaron un vídeo sobre unha manifestación. Dixen que non estivera aí e espancáronme outra vez”, engade.

“Presionárono para que confesase”, interrompe o pai, Hisam. “Se non asinas, tratarémoste como a un animal”, ameazáronno”, apunta, e Zein asente.

Unha noite de marzo de 2012, Zein foi detido por soldados israelítas. Trinta e seis horas despois, foi conducido ante un xuíz. Compareceu a 35 audiencias xudiciais, estivo nove meses en sección de menores do cárcere de HaSharon, mais nunca foi condenado. Read more

Samer Issawi escribe a Israel

A fermosa carta do prisioneiro palestino en folga de fame dede agosto de 2012 dirixida á sociedade civil israelí, que queda mirando como  morre.

Samer Issawi

Xerusalén, 10 de abril de 2013, Nena News

Israelís,

Son Samer Issawi, en folga de fame dende hai oito meses consecutivos, ingresado nun dos seus hospitais chamado Kaplan. O meu corpo ten un dispositivo conectado a unha sala de vixilancia que funciona 24 horas ao día. Os meus latexos son lentos e silenzosos, e poden parar en calquera momento, e están todos, médicos, funcionarios e servizos de intelixencia esperando un contratempo e que perda a vida. Read more