Historia

Aportamos unha cronoloxía rescatada da páxina da RESCOP moi valida para coñecer a historia recente de Palestina.

CRONOLOXÍA:

1897
O movemento político Xudeu Europeo ou Movemento Sionista, estivo buscando durante anos un “fogar nacional” seguro para o pobo xudeu.En Basilea celébrase o primeiro congreso sionista baizo o liderago de  Teodor Helz

1916
Acordos secretos Sykes-Picot entre Gran Bretaña e Francia polos que as dúas potencias repártense Oriente Próximo, coa promesa dunha futura independencia a cambio do apoio árabe no conflito.
1917
Declaración Balfour: o Goberno Británico promete a lord Rothschild a creación dun “fogar nacional” xudeu en Palestina e defende os “dereitos civís e relixiosos das comunidades non xudías presentes no territorio”. Soamente o 5% da poboación era xudía, o restante 95% eran árabes Palestinos.
1919
Despois de colapso do Impero Otomán o Congreso Nacional Palestino, rexeita a Declaración Balfour e solicita a independencia de Palestina.
1922
A Sociedade de Nacións confía a Gran Bretaña o mandato sobre Palestina. A administración británica impulsa e promove a inmigración xudía desde Europa e desde Estados Unidos.
1947
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas por medio da Resolución 181 aproba o plan de partición de Palestina nun estado árabe e outro hebreo. A resolución asigna o 55% de Palestina ao futuro estado de Israel. Nese momento os xudeus representan 1/3 da poboación e teñen soamente o 6% da terra.

1948
Despois de numerosos ataques por parte das milicias sionistas, os británicos renuncian ao mandato, deixando o problema en mans de Nacións Unidas.
1948-1949
O 14 de maio Israel proclama a súa independencia: é o ano da NAKBA (Catástrofe), o ano da destrución da terra e do exilio: Israel mata a 13.000 palestinos e forza o éxodo doutros 750.000 das súas cidades e dos seus pobos. A ONU adopta a Resolución 194 onde pide a Israel que permita o retorno dos refuxiados. Israel ignora a resolución. Preto de 400 pobos palestinos son arrasados.
1967
Israel ocupa Cisxordania, Gaza, Xerusalén-Este durante a guerra do Seis Días, contra Exipto. Acaba coa ocupación israelí do resto da Palestina histórica, o Sinaí exipcio e o Golán sirio. A Resolución 242 de Nacións Unidas esixe a retirada das tropas israelís dos territorios ocupados. Israel ignora a resolución e empeza a implantación dun sistema de control militar cada vez máis violento nos territorios.
1987
Nos Territorios Ocupados estala a primeira Intifada, sublevación popular non-violenta, para pedir a autodeterminación e a independencia do Estado Palestino.
1988
O Consello Nacional Palestino, proclama o Estado Independente de Palestina, con Yaser Arafat como presidente, así como recoñece a existencia do Estado de Israel.
1993-95
EEUU promove unha serie de acordos entre os representantes de Palestina e Israel, chamados Acordos de Oslo, que se interpretan como o primeiro paso cara á creación dun Estado Palestino e a retirada das tropas israelís do os Territorios Ocupados. Durante o chamado ?proceso de paz? Israel duplica o número de asentamentos ilegais nos Territorios, chegando no 2000 a ter preto de 350.000 asentamentos.
2000
A escalda de violencia militar israelí xunto co continuo aumento da ocupación de terras palestinas para a construción de asentamentos e a provocadora visita de Ariel Sharon á Chaira das Mesquitas en Xerusalén provoca o comezo da Segunda Intifada. Miles de palestinos morren baixo os ataques do exército israelí.
2002
Iniciativa de paz da liga Árabe que ofrece a Israel o recoñecemento e a paz a cambio dunha retirada dos territorios ocupados en 1967 e unha solución ao problema dos refuxiados palestinos.
Israel ignora a proposta, invade militarmente todas as cidades Palestinas, excepto Jerico, e comeza a construción do MURO DE SEPARACIÓN de máis de 400 quilómetros e que discorre por territorio ocupado de Cisxordania. O Tribunal de Xustiza da Haia declararao ilegal.
2005
Israel evacua 8.000 colonos ilegais da Franxa de Gaza e asenta outros 30.000 en Cisxordania. Despois da evacuación o exército pecha a Franxa facendo imposible o acceso.

2006

Celébranse eleccións democráticas xerais nos Territorios Ocupados coa vitoria de Hamas. Estados Unidos co apoio da Unión Europea impoñen sancións ao pobo palestino.
2007
En febreiro Hamás e Al Fatah selan os acordos da Meca cun Goberno de unidade nacional que rompe en xuño. Israel empeza o bloqueo de Gaza.
Celébrase a Conferencia de Paz de Annapolis baixo o auspicio de EEUU. A ANP e Israel comprométense a chegar a un acordo antes de 2009.

PALESTINA E A OCUPACIÓN

A situación actual
O 15 de maio de 2008 cúmprense 60 anos da NAKBA -a catástrofe: 60 anos desde que os palestinos e palestinas convertéronse en refuxiados-, 60 anos de expropiación de terras, 60 anos de resistencia dun pobo fronte á indiferenza da comunidade internacional.
Por iso, facemos un chamamento á sociedade civil para que participe neste ano de mobilización para lembrar o masacre, o éxodo e a destrución, e para pedir unha vez máis paz e xustiza.