Incumprimentos das resolucións da ONU por parte de Israel

Lista das Resolucións do Consello de Seguranza das Nacións Unidas contra Israel

Nuns casos, estas resolucións condenan violacións do direito internacional, da Carta das Nacións Unidas ou das Convencións de Xenebra e muitas veces o incumprimento de resolucións anteriores. Noutros casos, as resolucións denuncian práticas de terrorismo.

Resolución 57 (18 de Setembro de 1948) – Expresa a sua profunda comoción polo asasinato do Mediador das Nacións Unidas en Palestina, Conde Folke Bernadotte, morto por terroristas sionistas.

Resolución 89 (17 de Novembro de 1950) – Solicita que se preste atención à expulsión de “millares de árabes palestinos” e insta os governos implicados a suspenderen calquer acción que implique  “o tránsito de persoas por fronteiras internacionais ou liñas de armistício”. Lembra que Israel anunciara que se retiraria às liñas de armistício.

Resolución 93 (18 de Maio de 1951) – Determina que os ataques aéreos sobre Síria o 5 de Abril de 1951 constituen “unha violación do cesamento do fogo”, e acorda que se deve permitir os civis árabes expulsos por Israel regresaren da zona desmilitarizada .

Resolución 100 (27 de Outubro de 1953) – Lembra que Israel se comprometera a deter o traballo iniciado na zona desmilitarizada o 2 de Setembro de 1953.

Resolución 101 (24 de Novembro de 1953) – Determina que a agresión de Israel contra Qibya, Xordánia en 14-15 de Outubro de 1953 é unha violación do cesamento do fogo e “Expresa a sua mais enérxica censura por esta acción”.

Resolución 106 (29 de Marzo de 1955) – Condena a agresión de Israel contra as forzas exípcias na Faixa de Gaza o 28 de Febreiro de 1955.

Resolución 111 (19 de Xaneiro de 1956) – Condena a agresión de Israel contra Síria o 11 de Decembro de 1955 como “unha violación flagrante do cesamento do fogo” e do acordo de armistício.

Resolución 119 (31 de Outubro de 1956) – Considera que “foi criada unha situación grave” ao agrediren o Exipto as forzas de Gran-Bretaña, Franza e Israel.

Resolución 171 (9 de Abril de 1962) – Ratifica a Resolución 111 e determina que a agresión contra Síria en 16-17 de Marzo de 1962 “constitui unha violación flagrante daquela Resolución”.

Resolución 228 (25 de Novembro de 1966) – “Deplora a perda de vidas e os fortes danos materiais ocasionados polas operacións” realizadas por Israel na zona do sul de Hebrón o 13 de Novembro de 1966, e “Censura Israel por esta acción militar a grande escala que vulnera a Carta das Nacións Unidas” e o acordo do armistício entre Israel e Xordánia.

Resolución 237 (14 de Xuño de 1967) – Insta Israel a “garantir a seguranza e o ben-estar dos habitantes dos lugares onde tiveron lugar as operacións militares” durante a guerra emprendida por Israel o 5 de Xuño de 1967 e “a facilitar a volta dos habitantes que fuxiron desas zonas ao comezaren as hostilidades”.

Resolución 242 (22 de Novembro de 1967) – Asinala “que non é admisível a aquisición de território mediante a guerra”, que os Estados membros teñen o compromiso de acatar a Carta das Nacións Unidas, e requer a Israel que se retire dos territórios que ocupou durante a guerra de Xuño de 1967.

Resolución 248 (24 de Marzo de 1968) – Observa que a agresión israelita contra Xordánia “foi a grande escala e de unha natureza minuciosamente deseñada”, “Deplora a perda de vidas e os fortes danos materiais”, “Condena a acción militar emprendida por Israel en flagrante violación da Carta das Nacións Unidas e das resolucións de cesamento do fogo” e “Fai un chamamento a Israel para que non cometa” mais violacións da Resolución 237.

Resolución 250 (27 de Abril de 1968) – Considera “que a celebración dun desfile militar en Xerusalén agravará as tensións na zona e terá un efeito adverso sobre unha futura solución pacífica dos problemas da zona” e “Fai un chamamento a Israel para que se absteña de celebrar en Xerusalén o desfile militar previsto” o 2 de Maio de 1968.

Resolución 251 (2 de Maio de 1968) – Lembra a Resolución 250 e “Deplora profundamente a celebración por parte de Israel do desfile militar en Xerusalén” o 2 de Maio de 1968 “facendo caso omiso da” Resolución 250.

Resolución 252 (21 de Maio de 1968) – “Deplora a negativa de Israel a cumprir con” as Resolucións 2253 e 2254 da Asemblea Xeral, considera a anexión de Xerusalén “nula”, e requer a Israel “que revogue todas as medidas xa tomadas e se absteña sen dilación de emprender calquer acción que puder alterar o estatus de Xerusalén”.

Resolución 256 (16 de Agosto de 1968) – Lembra a “violación flagrante por parte de Israel da Carta das Nacións Unidas” denunciada na Resolución 248, observa que os ataques aéreos posteriores sobre Xordánia “foron a grande escala e de unha natureza minuciosamente deseñada, infrinxindo a Resolución 248”, “Deplora a perda de vidas e os fortes danos materiais”, e “condena os ataques de Israel”.

Resolución 259 (27 de Setembro de 1968) – Expresa preocupación pola “seguranza e o ben-estar” dos palestinos “sob ocupación militar por parte de Israel”, deplora “a demora na implementación da Resolución 237 (1967) a causa das condicións impostas por Israel para receber un Representante Especial do Secretário Xeral”, e solicita a Israel que receba o Representante Especial e lle facilite o traballo.

Resolución 262 (31 de Decembro de 1968) – Observa “que a acción militar realizada polas forzas armadas de Israel contra o aeroporto internacional civil de Beirute foi premeditada, a grande escala e de unha natureza minuciosamente deseñada”, e condena Israel pola agresión.

Resolución 265 (1 de Abril de 1969) – Expresa “profunda preocupación porque as recentes agresións contra aldeas xordanas e outras zonas povoadas foron planificadas con anterioridade, en violación das Resolucións”  248 e 256, “Deplora a perda de vidas civis e os danos materiais inflixidos”, e “Condena os recentes ataques aéreos premeditados emprendidos por Israel sobre aldeas xordanas e zonas povoadas en violación flagrante da Carta das Nacións Unidas e as resolucións de cesamento do fogo”.

Resolución 267 (3 de Xullo de 1969) – Lembra a Resolución 252 e as Resolucións 2253 y 2254 da Asemblea Xeral, asinala que “desde a adopción das resolucións citadas, Israel tomou mais medidas que pretenden mudar o estatus da Cidade de Xerusalén”, ratifica “o princípio estabelecido de que a aquisición de território por meio da conquista militar é inadmisível”, “Deplora a negativa de Israel a respeitar as resolucións”, “Censura enerxicamente todas as medidas tomadas con o obxectivo de mudar o estatus da Cidade de Xerusalén”, “Confirma que todas as medidas administrativas e lexislaltivas tomadas por Israel que pretenden alterar o estatus de Xerusalén, incluindo a expropriación de terras e propriedades, son nulas e non poden mudar ese estatus”, e requer urxentemente a Israel que revogue as medidas tomadas para anexar Xerusalén.

Resolución 270 (26 de Agosto de 1969) – “Condena o ataque aéreo premeditado realizado por Israel sobre as aldeas do sul do Líbano en violación das suas obrigacións de acordo con as resolucións da Carta e o Consello de Seguranza”.

Resolución 271 (15 de Setembro de 1969) – Expresa dor “polos danos cuantiosos causados polo incéndio premeditado da sagrada Mesquita de Al-Aqsa en Xerusalén” o 21 de Agosto de 1969 “durante a ocupación militar por parte de Israel”, ratifica “o princípio estabelecido de que a aquisición de território mediante a conquista militar é inadmisível”. “Determina que o acto execrável de profanación da sagrada Mesquita de Al-Aqsa acentua a necesidade imediata de que Israel desista de violar” as resolucións anteriores e revogue as medidas tomadas para anexar Xerusalén, demanda a Israel que “observe as cláusulas das Convencións de Xenebra e o direito internacional sobre a ocupación militar”, e condena Israel pola sua negativa a cumprir con as resolucións anteriores.

Resolución 279 (12 de Maio de 1970) – “Esixe a retirada imediata de todas as forzas armadas israelitas do território libanés.”

Resolución 280 (19 de Maio de 1970) – Expresa a sua convicción de “que a agresión militar israelita contra Líbano foi premeditada, a grande escala e de unha natureza minuciosamente deseñada”, lembra a Resolución 279 que “esixe a retirada imediata de todas as forzas armadas israelitas do território libanés”, deplora a violación por parte de Israel das Resolucións 262 e 270, “Condena Israel pola sua acción militar premeditada, infrinxindo as suas obrigacións de acordo con a Carta das Nacións Unidas”, e “Deplora a perda de vidas e danos materiais, consecuéncia” das violacións por parte de Israel das resolucións do Consello de Seguranza.

Resolución 285 (5 de Setembro de 1970) – Esixe a “completa e imediata retirada de todas as forzas armadas israelitas do território libanés.”

Resolución 298 (25 de Setembro de 1971) – Lembra as Resolucións 252 e 267, e as Resolucións 2253 e 2254 da Asemblea Xeral referentes às medidas tomadas por Israel para anexar Xerusalén, reafirma “o princípio que a aquisición de território mediante a conquista militar é inadmisível”, asinala “o incumprimento por parte de Israel” destas resolucións, deplora a negativa de Israel a respeitar as resolucións, confirma que as accións de Israel “son totalmente nulas”, e requer a Israel revogar as medidas xa adoptadas e “a non tomar mais medidas dentro da zona ocupada de Xerusalén” con o fin de alterar o estatus da cidade.

Resolución 313 (28 de Febreiro de 1972) – “Esixe que Israel abandone e se absteña imediatamente de calquer acción militar en terra ou ar contra o Líbano e retire sen dilación todas as forzas militares do território libanés”.

Resolución 316 (26 de Xuño de 1972) – Deplora “a tráxica perda de vidas, consecuéncia de todo tipo de actos violentos”, expresa profunda preocupación “pola negativa de Israel a cumprir as Resolucións do Consello de Seguranza” 262, 270, 280, 285 e 313 “que requeren a Israel abster-se sen dilación de incorrer en calquer violación da soberania e integridade territorial do Líbano” e acatar as resolucións, condena “as agresións repetidas das forzas israelitas contra o território e populación libaneses en violación dos princípios da Carta das Nacións Unidas e as obrigacións de Israel.”

Resolución 317 (21 de Xullo de 1972) – Asinala a Resolución 316, deplora o feito de israel ainda non ter libertado o “persoal militar e de seguranza de Síria o o Líbano secuestrado polas forzas armadas israelitas en território libanés” o 21 de Xuño de 1972, e requer a Israel a liberdade dos prisioneiros.

Resolución 332 (21 de Abril de 1972) – “Condena as agresións militares repetidas perpetradas por Israel contra o Líbano e a violación por parte de Israel da integridade territorial e soberania do Líbano”, infrinxindo a Carta das Nacións Unidas, o acordo de armistício e as resolucións de cesamento do fogo.

Resolución 337 (15 de Agosto de 1972) – Asinala “a violación da soberania e integridade territorial do Líbano” por parte de Israel “e o secuestro aéreo por parte da forza aérea de Israel de un avión civil libanés arrendado a Iraqi Airways”, expresa profunda preocupación “porque este tipo de acción realizada por Israel, Membro das Nacións Unidas, constitui unha grave interferéncia na aviación civil internacional e unha violación da Carta das Nacións Unidas”, recoñece “que este tipo de acción poderia pór en perigo a vida e seguranza de pasaxeiros e tripulación e vulnera as cláusulas das convencións internacionais que velan pola aviación civil”, condena Israel “por violar a soberania e integridade territorial do Líbano e polo desvio e secuestro por parte da forza aérea israelita de un avión libanés no espazo aéreo do Líbano, e considera que as accións de Israel constituen unha violación do acordo de armistício, das resolucións de cesamento do fogo, da Carta das Nacións Unidas, “as convencións internacionais sobre aviación civil e os princípios do direito internacional e moralidade”.

Resolución 347 (24 de Abril de 1974) – “Condena a violación por parte de Israel da integridade territorial e soberania do Líbano e requer mais unha vez ao Governo de Israel abster-se de realizar mais acción militares e ameazas contra o Líbano”, e fai un chamamento a Israel “para pór en liberdade e devolver ao Líbano os civis libaneses secuestrados”.

Resolución 425 (19 de Marzo de 1978) – “Fai un chamamento para que se respeite estritamente a integridade territorial, soberania e independéncia política do Líbano dentro dos seus limites internacionalmente recoñecidos” e “Requer a Israel suspender imediatamente a sua acción militar contra a integridade territorial libanesa e retirar sen dilación as sus forzas de todo o território libanés”.

Resolución 427 (3 de Maio de 1978) – “Requer a Israel completar a sua retirada de todo o território libanés sen mais demora”.

Resolución 446 (22 de Marzo de 1979) – Afirma “mais unha vez, que a Cuarta Convención de Xenebra… é aplicável nos território ocupados por Israel desde 1967, incluindo Xerusalén”, “Determina que a política e as práticas de Israel ao estabelecer colonatos en território palestino e noutros territórios árabes ocupados desde 1967 non ten validez legal e constitui unha grave obstrución à consecución de unha paz comprensiva, xusta e duradeira no Oriente Próximo”, “Deplora profundamente a negativa de Israel a acatar” as resolucións 237, 252 e 298, e as resolucións 2253 e 2254 da Asemblea Xeral, e requer a Israel “como poténcia ocupante” acatar a Cuarta Convención de Xenebra, e “revogar as anteriores medidas tomadas e abster-se de realizar calquer acción que puder ter como resultado a mudanza do estatus legal e a natureza xeográfica e afectar a composición demográfica dos territórios árabes ocupados desde 1967, incluindo Xerusalén e, en particular, a non transferir partes da própria populación civil aos territórios árabes ocupados”.

Resolución 450 (14 de Xuño de 1979) – “Deplora enérxicamente os actos de violéncia contra o Líbano que conduciron ao deslocamento de civis, incluindo palestinos, à destruición e perda de vidas inocentes” e requer a Israel suspender as accións contra o Líbano, “nomeadamente as suas incursións no Líbano e a colaboración que continua a prestar a grupos armados irresponsáveis”.

Resolución 452 (20 de Xullo de 1979) – Deplora enérxicamente “a falta de cooperación de Israel” con a Comisión do Consello de Seguranza, “criada ao amparo da Resolución 446 (1979) para examinar a situación en relación con os colonatos estabelecidos nos territórios árabes ocupados desde 1967, incluindo Xerusalén”, considera “que a política de Israel de estabelecer colonatos nos territórios árabes non ten validez legal e constitui unha violación da Cuarta Convención de Xenebra”, expresa profunda preocupación pola politica de Israel de construir colonatos “nos territóros ocupados árabes”, incluindo Xerusalén, e as suas consecuéncias para a populación local árabe e palestina”, e requer a Israel suspender esas actividades.

Resolución 465 (1 de Marzo de 1980) – Deplora enérxicamente a negativa de Israel a cooperar con a Comisión do Consello de Seguranza, lamenta o “rexeitamento formal de Israel” das Resolucións 446 e 452, deplora a decisión de Israel de “apoiar oficialmente os colonatos israelitas” nos territórios ocupados, expresa profunda preocupación pola política israelita sobre colonatos “e as suas consecuéncias para a populación local árabe e palestina”, “Deplora enérxicamente a decisión de Israel de proibir que o alcalde de Hebrón viaxe libremente para comparecer perante o Consello de Seguranza”, e “Determina que todas as medidas tomadas por Israel para mudar o carácter físico, a composición demográfica e a estrutura institucional ou o estatus dos territórios palestinos e outros territórios árabes ocupados desde 1967, incluindo Xerusalén, ou calquer parte da mesma, non ten validez legal e que a politica e práticas emprendidas por Israel de asentar partes da sua populación e novos imigrantes naqueles territórios constitui unha violación flagrante da Cuarta Convención de Xenebra”.

Resolución 467 (24 de Abril de 1980) – “Condena todas as accións contrárias às “Resolucións 425, 426, 434, 444, 450 e 459 “e, en particular, deplora enérxicamente” calquer “violación da soberania e integridade territorial libanesas” e “a intervención militar de Israel no Líbano”.

Resolución 468 (8 de Maio de 1980) – Expresa profunda preocupación “pola expulsión por parte das autoridades militares israelitas de ocupación dos alcaldes de Hebrón e Halhoul e do xuiz da Xaria de Hebrón” e “Requer ao governo de Israel como potencia ocupante revogar estas medidas ilegais e facilitar a volta imediata dos dirixentes palestinos expulsados de maneira que podan reanudar as funcións para que foron eleitos e nomeados”.

Resolución 469 (20 de Maio de 1980) – Lembra a Cuarta Convención de Xenebra “e en particular o artigo 1, que afirma “Os asinantes comprometen-se a respeitar e garantir o respeito pola presente Convención en todas as circunstáncias”, e o Artigo 49, que afirma “Fican proibidas as transferéncias individuais ou colectivas forzosas, alén das deportacións de persoas protexidas desde os territórios ocupados até o território da poténcia ocupante ou o território doutro país, ocupado ou non, independentemente do seu motivo”, “Deplora enérxicamente a negativa do Governo de Israel a implementar a Resolución 468 do Consello de Seguranza”,  requer ao Governo de Israel, como poténcia ocupante, revogar as medidas ilegais e facilitar a volta imediata dos dirixentes palestinos expulsos de maneira que podan reanudar as funcións para que foron eleitos e nomeados”.

Resolución 471 (5 de Xuño de 1980) – Lembra “mais unha vez” a Cuarta Convención de Xenebra, “e en particular o Artigo 27, que afirma, ‘As persoas protexidas teñen direito, en calquer circunstáncia, a que a sua integridade sexa respeitada… Serán tratadas en todo momento de forma compasiva, e protexidas especialmente contra todo acto de violéncia ou ameazas…’”, reafirma o campo de aplicación da Cuarta Convención de Xenebra “aos territórios árabes ocupados por Israel desde 1967, incluindo Xerusalén”, expresa profunda preocupación por “os colonos xudeus dos territórios árabes ocupados poderen levar armas, o que lles permite perpetraren crimes contra a populación árabe civil”, Condena as tentativas de asasinato contra os alcaldes de Nablus, Ramala e al-Bireh e demanda a detención e procesamento dos autores destes crimes”, “expresa profunda preocupación polo feito de Israel, como poténcia ocupante, ter fracasado en proporcionar protección adecuada à populación civil dos territórios ocupados de conformidade con as cláusulas da Convención de Xenebra relativas à Protección de Persoas Civis en Tempo de Guerra”, e requer a Israel “proporcionar às vítimas a compensación adecuada polos danos sofridos como consecuéncia destes crimes”, “Requer de novo ao governo de Israel respeitar e cumprir as cláusulas” da Cuarta Convención de Xenebra e “as resolucións correspondentes do Consello de Seguranza”, “requer mais unha vez a todos os Estados non proporcionaren a Israel nengunha asisténcia que veña a ser utilizada especificamente en conexión [sic] con os colonatos dos territórios ocupados”, “Reafirma a necesidade primordial de finalizar a ocupación prolongada dos territórios ocupados por Israel desde 1967, incluindo Xerusalén”.

Resolución 476 (30 de Xuño de 1980) – Ratifica que “a aquisición de território pola forza é inadmisível”, deplora “a persisténcia de Israel en mudar o carácter físico, a composición demográfica, a estrutura institucional e o estatus da Cidade Santa de Xerusalén”, expresa grave preocupación “polas medidas lexislativas iniciadas no Knesset israelita con o propósito de mudar o carácter e estatus da Cidade Santa de Xerusalén”, reafirma “a necesidade primordial de finalizar a ocupación prolongada dos territórios árabes ocupados por Israel desde 1967, ncluindo Xerusalén”, “Deplora enerxicamente a negativa continuada de Israel, a poténcia ocupante, a cumprir as resolucións correspondentes do Consello de Seguranza e da Asemblea Xeral”, “Reafirma que todas as medidas administrativas e lexislativas tomadas por Israel, a poténcia ocupante, que pretenden alterar o carácter e estatus da Cidade Santa de Xerusalén non teñen validez legal e constituen unha violación flagrante da Cuarta Convención de Xenebra”, “Reitera que esas medidas… son nulas e deven ser revogadas en cumprimento das resolucións correspondentes do Consello de Seguranza”, e “Requer urxentemente a Israel, a poténcia ocupante, acatar esta e as anteriores resolucións do Consello de Seguranza e abster-se sen dilación de insistir na política e medidas que afectan o carácter e estatus da Cidade Santa de Xerusalén”.

Resolución 478 (20 de Agosto de 1980) – Ratifica “novamente que a adquisición de território pola forza é inadmisível”, asinala “que israel non cumpriu con a Resolución 476”, “Censura enerxicamente a promulgación por parte de Israel da ‘lei básica’ sobre Xerusalén e a sua negativa a cumprir con as resolucións correspondentes do Consello de Seguranza”, “Afirma que a promulgación da ‘lei básica’ por parte de Israel constitui unha violación do direito internacional”, “Determina que todas as medidas administrativas e lexislativas, e accións tomadas por Israel, a poténcia ocupante, alteraron ou pretenden alterar o carácter e estatus da Cidade Santa de Xerusalén, e en particular a recente ‘lei básica’ sobre Xerusalén, son nulas e deven ser revogadas sen dilación”.

Resolución 484 (19 de Decembro de 1980) – Expresa “profunda preocupación pola expulsión por parte de Israel dos alcaldes de Hebrón e Halhoul”, “Ratifica o campo de aplicación da “Cuarta Convención de Xenebra “a todos os territórios árabes ocupados por Israel en 1967”, “Requer a Israel, a poténcia ocupante, acatar as cláusulas da Convención”, e “Declara que é imperativo que se permita aos alcaldes de Hebrón e Halhoul voltaren as suas casas e reanudaren as suas responsabilidades”.

Resolución 487 (19 de Xuño de 1981) – Expresa plena consciéncia “polo feito de o Iraque ter sido parte interesada no Tratado de Non Proliferación de Armas Nucleares desde a sua entrada en vigor en 1970, que de acordo con este Tratado, o Iraque aceitou as salvaguardas do OIEA sobre todas as suas actividades nucleares, e que a Axéncia testemuñou que estas salvaguardas foron aplicadas satisfatoriamente até a data”, asinala “ademais que Israel non acatou o Tratado de Non Proliferación”, expresa profunda preocupación “polo perigo para a paz e seguranza internacionais criado polo ataque aéreo de Israel sobre as instalacións nucleares iraquianas o 7 de Xuño de 1981, que poderia en calquer momento facer estourar a situación na zona, con graves consecuéncias para os intereses vitais de todos os Estados”, “Condena enérxicamente o ataque militar de Israel en clara violación da Carta das Nacións Unidas e as normas de conduta internacional”, “Considera, alén diso, que este ataque constitui unha grave ameaza a todo o rexime IAEA de salvaguardas que é a base do Tratado de non proliferación”, “Recoñece plenamente o direito soberano inalienável do Iraque e dos outros Estados, especialmente os países en vias de desenvolvimento, de estabeleceren con fins pacíficos programas de promoción nuclear e tecnolóxica destinados à economia e à indústria, de acordo con as suas necesidades actuais e futuras, e consecuentes con os obxectivos internacionalmente aceitados de prevenir a proliferación de armas nuclares”, e “Requer a Israel urxentemente colocar as suas instalacións nucleares sob as salvaguardas IAEA”.

Resolución 497 (17 de Decembro de 1981) – Ratifica “que a aquisición de território pola forza non é admisível, de acordo con a Carta das Nacións Unidas, os princípios do direito internacional, e as pertinentes do Consello de Seguranza”, “Resolve que a decisión israelita de impor leis, xurisdición e administración nos Altos do Golán ocupados en Síria é nula e sen efeito legal internacional”, “·Esixe que Israel, a poténcia ocupante, revoque sen dilación a sua decisión”, e “Determina que todas as cláusulas” da Cuarta Convención de Xenebra “continuan sendo aplicáveis ao território sírio ocupado por Israel desde Xuño de 1967”.

Resolución 501 (25 de Febriero de 1982) – Ratifica a Resolución 425 que requer a Israel suspender a sua agresión militar contra o Líbano.

Resolución 509 (6 de Xuño de 1982) – “Esixe que Israel retire todas as suas forzas militares sen dilación e incondicionalmente até às fronteiras internacionalmente recoñecidas do Líbano”.

Resolución 515 (29 de Xullo de 1982) – “Esixe que o Governo de Israel levante de imediato o bloqueo da cidade de Beirute para permitir a pasaxe de abastecimentos que palien as urxentes necesidades da populación civil e permitan a distribuición de axuda proporcionada polas axéncias das nacións Unidas e por organizacións non governamentais, en particular o Comité Internacional da Cruz Vermella (ICRC).

Resolución 517 (4 de agosto de 1982) – Expresa profunda comoción e alarma “polas consecuéncias deploráveis da invasión de Beirute o 3 de Agosto de 1982”, “Confirma mais unha vez a sua esixéncia de un imediato cesamento do fogo e a retirada das forzas israelitas do Líbano”, e “Censura Israel pola sua negativa a cumprir con” as Resolución  508, 509, 512, 513, 515 y 516.

Resolución 518 (12 de Agosto de 1982) – “Esixe a Israel e todas as partes do conflito respeitaren estritamente os termos das resolucións do Consello de Seguranza pertinentes ao cesamento imediato de toda actividade militar dentro do Líbano e, en particular, dentro e nos arredores de Beirute”, “Esixe o levantamento imediato de todas as restricións sobre a cidade de Beirute con o fin de permitir a entrada sen obstáculos de abastecimentos que palien as urxentes necesidades da populación civil en Beirute”.

Resolución 520 (17 de Setembro de 1982) – “Condena as recentes incursións por parte de Israel en Beirute, infrinxindo os acordos de cesamento do fogo e as resolucións do Consello de Seguranza”, e “Esixe a imediata retirada às posicións ocupadas por Israel antes” do 15 de Setembro de 1982, “como primeiro paso para a plena implementación das resolucións do Consello de Seguranza”.

Resolución 521 (19 de Setembro de 1982) – “Condena o masacre criminoso de civis palestinos en Beirut” nos campos de refuxiados de Sabra e Chatila.

Resolución 573 (4 de Outubro de 1985) – “Condena enérxicamente o acto de agresión armada perpretado por Israel contra o território tunisiano en flagrante violación da Carta das Nacións Unidas, do direito internacional e das normas [recoñecidas] de conduta”.

Resolución 592 (8 de Decembro de 1986) – Ratifica que a Cuarta Convención de Xenebra “é aplicável aos territorios palestinos e outros territórios árabes ocupados por Israel desde 1967, incluindo Xerusalén”, e “Deplora enerxicamente que o exército israelita abrise fogo contra estudantes indefensos, causando mortes e feridos”.

Resolución 605 (22 de Decembro de 1987) – “Deplora enérxicamente as políticas e práticas de Israel, a poténcia ocupante, que violan os direitos humanos do povo palestino nos territórios ocupados, e en particular que o exército israelita abrise fogo contra civis palestinos indefensos, causando mortes e feridos”, e ratifica o campo de aplicación da Cuarta Convención de Xenebra “aos territórios palestinos e outros territórios árabes ocupados por Israel desde 1967, incluindo Xerusalén”.

Resolución 607 (5 de Xaneiro de 1988) – Expresa “profunda preocupación pola situación nos Territórios Palestinos Ocupados”, toma nota da “decisión de Israel, a poténcia ocupante, de ‘continuar con a deportación’ de civis palestinos nos territórios ocupados”, “Ratifica mais unha vez” o campo de aplicación da Cuarta Convención de Xenebra “aos territórios palestinos e outros territórios árabes ocupados por Israel desde 1967, incluindo Xerusalén”, “Requer a Israel abster-se de deportar civis palestinos dos territórios ocupados”, e “insta enerxicamente Israel, a poténcia ocupante, a acatar as suas obrigacións asinaladas na Convención” .

Resolución 608 (14 de Xaneiro de 1988) – Ratifica a Resolución 607, expresa “profundo pesar por Israel, a poténcia ocupante, desafiando aquela resolución, ter deportado civis palestinos”, e “Requer a Israel revogar a orde de deportar civis palestinos e garantir a volta segura e imediata aos Territórios Palestinos Ocupados de aquelas persoas que tiveren sido deportadas”.

Resolución 611 (25 de Abril de 1988) – Asinala “con preocupación que a agresión perpetrada” polos israelitas o 16 de Abril de 1988, “na localidade de Sidi Bou Said” en Túnez “causou a perda de vidas humanas, en particular o asasinato de Khalil El Wazir”, e “Condena enérxicamente a agresión perpetrada… contra a soberania e integridade territorial da Tunísia, infrinxindo flagrantemente a Carta das Nacións Unidas, o direito internacional e as normas [recoñecidas] de conduta”.

Resolución 636 (6 de Xullo de 1989) – Ratifica as Resolucións 607 e 608, asinala “que israel, a poténcia ocupante, mais unha vez, desafiando aquelas resolucións, deportase oito civis palestinos o 29 de Xuño de 1989″. Expresa  profundo pesar “pola deportación continuada por parte de Israel, a poténcia ocupante, de civis palestinos”, “Requer a Israel que garanta a volta segura e imediata aos territórios palestinos ocupados dos deportados e se absteña sen dilación de deportar mais civis palestinos”, e “Ratifica que ” a Cuarta Convenciónde Xenebra “é aplicável aos territórios palestinos ocupados por Israel desde 1967, incluindo Xerusalén e outros territórios árabes ocupados”.

Resolución 641 (30 de Agosto de 1989) – Ratifica as Resolucións 607, 608 e 636, asinala que Israel “mais unha vez, desafiando aquelas resolucións, deportou cinco civis palestinos o 27 de Agosto  de 1989”, e “Deplora a deportación continuada por parte de Israel, a poténcia ocupante, de civis palestinos”.

Resolución 672 (12 de Outubro de 1990) – “Expresa alarma pola violéncia perpetrada” o 8 de Outubro de 1990, “en Al Haram al Shareef  e outros Lugares Santos de Xerusalén, con o resultado de mais de vinte palestinos mortos e mais de cento cincuenta feridos, inluindo civis palestinos e fiéis inocentes”, “Condena especialmente os actos de violéncia cometidos polas forzas israelitas con resultado de feridos e perda de vidas”, e “Solicita en relación con a decisión do Secretário Xeral  de enviar unha comisión à zona, o que o Consello saúda, que apresente un informe ao Consello antes de finais de Outubro de 1990 que inclua as investigacións e conclusións e que, con ese propósito, utilice, segundo estimar preciso, todos os recursos das Nacións Unidas disponíveis na zona”.

Resolución 673 (24 de Outubro de 1990) – “Deplora a negativa do Governo israelita a receber a comisión do Secretário Xeral”, e “Urxe o Governo israelita a reconsiderar a sua decisión e insiste en que acate totalmente a Resolución 672 (1990) e permita à Comisión enviada polo Secretário Xeral cumprir o seu cometido”.

Resolución 681 (20 de Decembro de 1990) – Ratifica “as obrigacións dos Estados membros sob a Carta das Nacións Unidas”, ratifica “tamén o princípio de que non é admisível a aquisición de território mediante a guerra”, “expresa alarma” pola decisión do Governo israelita de deportar catro palestinos dos territórios ocupados, “infrinxindo as suas obrigacións de acordo con a Cuarta Convención de Xenebra” e as Resolucións 607, 608, 636 y 641, “Expresa profunda preocupación polo rexeitamento por parte de Israel das Resolucións 672 e 673 do Consello de Seguranza”, e “Deplora a decisión do Governo de Israel, a poténcia ocupante, de reanudar as deportacións de civis palestinos dos territórios ocupados.

Resolución 694 (24 de Maio de 1991) – Ratifica a Resolución 681 que requer a Israel respeitar a Cuarta Convención de Xenebra, asinala “con profunda preocupación e consternación que Israel, violando as suas obrigacións de acordo con a Cuarta Convención de Xenebra de 1949 e actuando en contra das resolucións pertinentes do Consello de Seguranza, e en detrimento dos esforzos orientados a conseguir unha paz comprensiva, xusta e duradeira no Oriente Próximo, deportou catro civis palestinos o 18 de Maio de 1991, “Declara que a acción das autoridades israelitas de deportaren catro palestinos… infrinxe a Cuarta Convención de Xenebra…, que é aplicável a todos os territórios palestinos ocupados por Israel desde 1967, incluindo Xerusalén”, e “Deplora esta acción e reitera que Israel, a poténcia ocupante, há de abster-se de deportar civis palestinos dos territórios ocupados e há de garantir a volta segura e imediata de todos os deportados”.

Resolución 726 (6 de Xaneiro de 1992) – Lembra as Resolucións 607, 608, 636, 641 e 694 que requeren a Israel respeitar a Cuarta Convención de Xenebra, “Condena enérxicamente a decisión de Israel, a poténcia ocupante, de reanudar as deportacións de civis palestinos”, “Ratifica que a Cuarta Convención de Xenebra… é aplicável a todos os territórios palestinos ocupados por Israel desde 1967, incluindo Xerusalén”, e “solicita a Israel, a poténcia ocupante, que garanta a volta segura e imediata aos territórios ocupados de todos os deportados”.

Resolución 799 (18 de Decembro de 1992) – Ratifica as Resolucións 607, 608, 636, 641, 681, 694 e 726 que requeren a Israel respeitar a Cuarta Convención de Xenebra, asinala “con grave preocupación que Israel, a poténcia ocupante, infrinxindo as suas obrigacións de acordo con a Cuarta Convención de Xenebra…, deportou ao Líbano” o 17de Decembro de 1992 “centos de civis palestinos dos territórios ocupados por Israel desde 1967, incluindo Xerusalén”, “Condena enerxicamente a acción tomada por Israel, a poténcia ocupante, de deportar centos de civis palestinos, e expresa a sua firme oposición a calquer deportación por parte de Israel”, “Ratifica que a Cuarta Convención de Xenebra… é aplicável a todos os territórios palestinos ocupados por Israel desde 1967, incluindo Xerusalén”, e afirma que a deportación de civis constitui unha contravención das suas obrigacións de acordo con a Convención” e “Esixe que Israel, a poténcia ocupante, garanta a volta segura e imediata aos territórios ocupados de todos os deportados”.

Resolución 904 (18 de Marzo de 1994) – Expresa comoción polo “horrível masacre cometido contra os fiéis palestinos na Mesquita de Ibrahim en Hebrón” o 25 de Febreiro de 1994 polo colono xudeu Baruch Goldstein “no decurso do mes santo de Ramadán”, expresa profunda preocupación polas “vítimas palestinas do território ocupado consecuéncia do masacre, que subliña a necesidade de proporcionar protección e seguranza ao povo palestino”, asinala “a condena deste masacre por parte de toda a comunidade internacional”, “Condena enerxicamente o masacre en Hebrón e as suas secuelas, que custaron a vida a mais de cincuenta civis palestinos e feridas a vários centenares”, e “Requer a Israel, a poténcia ocupante, tomar e implementar medidas, incluindo, inter alia, a confiscación de armas, con o fin de impedir os actos ilegais de violéncia por parte de colonos israelitas”.

Resolución 1073 (28 de Setembro de 1996) – Expresa “profunda preocupación polos tráxicos acontecimentos en Xerusalén e as zonas de Nablús, Ramala, Belén e a Faixa de Gaza, que resultaron nun alto número de mortes e feridos entre civis palestinos, tamén expresa preocupación polos enfrentamentos entre o exército israelita e a polícia palestina, e as vítimas causadas en ambas as partes”, “Demanda que se garantan a seguranza e protección dos civis palestinos”.

Resolución 1322 (7 de Outubro de 2000) – Expresa “profunda preocupación polos tráxicos acontecimentos que tiveron lugar” desde o 28 de Setembro de 2000 “que resultaron en numerosas mortes e feridos, principalemente entre os palestinos”, “Deplora a provocación exercida en Al-Haram Al-Sharif en Xerusalén” o 28 de Setembro de 2000 “e a violéncia producida ali e  noutros Lugares Santos, alén doutras zonas por todos os territórios ocupados por Israel desde 1967, resultando en mais de 80 mortes palestinas e muitas mais vítimas”, “Condena os actos de violéncia, especialmente o uso excesivo de forza contra os palestinos, resultando en feridos e perdas de vidas humanas”, e “Requer a Israel, a poténcia ocupante, acatar escrupulosamente as suas obrigacións legais e responsabilidades sob a Cuarta Convención de Xenebra.

Resolución 1402 (30 de Marzo de 2002) – Expresa profunda preocupación “polo importante deterioramento da situación, incluindo as recentes explosións de bombas suicidas en Israel e a agresión militar contra o cuartel xeral do presidente da Autoridade Palestina”, “Requer às duas partes avanzaren imediatamente para un cesamento do fogo significativo” e “demanda a retirada das tropas israelitas das cidades palestinas, incluindo Ramala”.

Resolución 1403 (4 de Abril de 2002) – Expresa profunda preocupación “polo importante deterioramento da situación sobre o terreno” e “Esixe a implementación sen demora da Resolución 1402 (de 2002)”.

Resolución 1405 (19 de Abril de 2002) – Expresa preocupación pola “horrível situación humanitária da populación civil palestina, en particular polos informes procedentes do campo de refuxiados de Xenin sobre un número descoñecido de mortes, e destruición”, demanda “o levantamento das restricións impostas, sobretodo en Xenin, sobre as operacións das organizacións humanitárias, incluindo o Comité Internacional da Cruz Vermella e a Axéncia das Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina no Oriente Próximo”, e “Destaca a necesidade de aceso das organizacións médicas e humanitárias à populación civil palestina”.

Resolución 1435 (24 de Setembro de 2002) – Expresa profunda preocupación “pola reocupación do cuartel xeral do Presidente da Autoridade Palestina na Cidade de Ramala que tivo lugar” o 19 de Setembro de 2002, demanda “o seu fin imediato”, expresa alarma “pola reocupación de cidades palestinas alén das graves restricións impostas sobre a liberdade de movimento de persoas e mercadorias, e profunda preocupación pola crise humanitária que está padecendo o povo palestino”, reitera “a necesidade de respeito de todas as circunstáncias do direito humanitário internacional, incluindo a Cuarta Convención de Xenebra no que se refere à protección de civis en tempo de guerra”, Esixe que Israel abandone imediatamente as medidas tomadas en Ramala e os seus alrredores, incluindo a destruición  da infraestrutura palestina civil e de  de seguranza”, e “Esixe tamén a retirada expeditiva das forzas israelitas de ocupación das cidades palestinas às posicións prévias a Setembro de 2000”.

Resolución 1544 (19 de Maio de 2004) – Ratifica as Resolucións 242, 338, 446, 1322, 1397, 1402, 1405, 1435 e 1515, reitera “a obrigación de Israel, a poténcia ocupante, de acatar escrupulosamente as suas obrigacións legais e responsabilidades sob a Cuarta Convención de Xenebra no que se refere à protección de civis en tempo de guerra”, requer a Israel abordar as suas necesidades de seguranza dentro dos limites do direito internacional”, expresa “profunda preocupación polo deterioramento continuado da situación sobre o terreno no território ocupado por Israel desde 1967”, condena “o asasinato de civis palestinos na zona de Rafah”, expresa profunda preocupación “pola recente demolición de casas acometida por Israel, a poténcia ocupante, no campo de refuxiados de Rafah”, ratifica “o seu apoio à Folla de Rota, refrendado na Resolución 1515″, Requer a Israel respeitar as suas obrigación sob o direito humanitário internacional, e insiste, en particular, na sua obrigación de non emprender mais demolicións de casas, contrária a ese direito”, e “Requer as duas partes implementaren imediatmante as suas obrigacións de acordo con a Folla de Rota”.

Resolución 1701 (11 de Agosto de 2006) – Expresa “a sua extrema preocupación pola escalada continuada de hostilidades no Líbano e Israel” que “xa causou centos de mortes e feridos” e “danos extensivos à infraestrutura civil e centos de millares de persoas internamente deslocadas”, e “Demanda o cesamento total de hostilidades”, incluindo “o cesamento imediato por parte de Israel de todas las operacións militares de agresión”.

Resolución 1860 (8 de Xaneiro de 2009) – Expresa “profunda preocupación polo recrudecimento da violéncia e o deterioramento da situación, en particular polas cuantiosas vítimas civis desde a negativa de estender o período de calma”, expresa “grave preocupación pola profunda crise humanitária en Gaza”, “pede un cesamento do fogo imediato, duradeiro e plenamente respeitado, que termine na total retirada das forzas israelitas de Gaza”, “pede o abastecimento e a distribuición sen impedimentos en Gaza de asisténcia humanitária, incluindo comida, combustível e asisténcia médica”, e “Condena toda violéncia e hostilidades dirixidas contra os civis, e todo acto de terrorismo”.